Esta é a historia de Olimpio Montes, biólogo de profesión, que despois de chegar á conclusión de que o maior atranco dunha persoa para ser feliz é o D.N.I., toma a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información. ¡Maldito DNI!, novela moi divertida, ás veces desternillante, mantén ó lector atrapado polas situacións disparatadas, pero sempre verosímiles, que vai tecendo un home do noso tempo que pretende acometer unha loita individual contra a sociedade burocratizada na que vive, onde é moi difícil substraerse ó control que o estado realiza sobre tódolos seus cidadáns.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022207
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Fora de Xogo
Fora de Xogo
Número: 23
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carballude
Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.