📗 Libro en gallego MARGOT SPONER. DO GALEGO ANTIGO AS FRONTEIRAS DA RESISTENCIA

Do galego antigo ás fronteiras da resistencia

Edicións Laiovento, S.L.- 9788484873761

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de MARGOT SPONER. DO GALEGO ANTIGO AS FRONTEIRAS DA RESISTENCIA

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada –os datos son irregulares–, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484873761

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128
Tiempo de lectura:
2h 58m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/10/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 6.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por ANTON FIGUEROA


Descubre más sobre ANTON FIGUEROA
Recibe novedades de ANTON FIGUEROA directamente en tu email

Opiniones sobre MARGOT SPONER. DO GALEGO ANTIGO AS FRONTEIRAS DA RESISTENCIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana