Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo. Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este problema coa axuda das súas amigas.
Ficha técnica
Ilustrador: Pablo Rosendo
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491216315
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/01/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 80.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Pere Tobaruela
Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, ademais de «Mariña e o balón» (2020), ten publicados estoutros libros para público infantil e xuvenil: «Vouvos papar» (2008), escrita en colaboración con Luz Méndez; «A cripta do apóstolo» (2010) e «O códice do Santo Lugar» (2013). Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con oito títulos.