Esta obra supón unha nova contribución ó estudo da historia da Guerra Civil en Galicia, froito do interese da súa autora pola historia oral nos anos 90, que a levaron a entrevistar a máis de 70 persoas, recollendo as súas vivencias durante a Guerra en Pontevedra. Estes relatos darían lugar a unha tese doutoral en 1998 que se publica agora por primeira vez en España e en galego. Nela analízase e se busca comprender o estado da Memoria 60 anos despois dos acontecementos, a súa evolución, o se reflexo nas institucións, que moitas veces inflúen na memoria colectiva, ás obsesións, as reticencias, as distorsións, os esquecementos, os recordos da represión. Vivencias que enmarcan a relación que estas persoas tiveron co pasado. O estudo ilumina así o estado específico do testemuño oral como unha fonte histórica para que as voces destas testemuñas, hoxe moitas delas falecidas, atopen o seu lugar na historia.
Ficha técnica
Editorial: Fund. Luis Tilve
ISBN: 9788495773319
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/09/2019
Especificaciones del producto
Opiniones sobre MEMORIA DA GUERRA CIVIL EN GALICIA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!