📗 Libro en gallego MEMORIAS DUN NENO LABREGO (ILUSTRADO)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498653465

Novela contemporánea Narrativa española

Sinopsis de MEMORIAS DUN NENO LABREGO (ILUSTRADO)

Memorias dun neno labrego, primeiro título en prosa do autor, saíu publicado con data de xaneiro de 1961. Nesta nova edición reprodúcese o limiar ou proemio que Xesús Alonso Montero escribiu para a vixesima edición, no ano 1999. Durante moitos anos, esta obra foi case que o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de estudo e nos currículos escolares. As Memorias dun neno labrego, de Xose Neira Vilas, e un dos grandes títulos populares, acollidos e recoñecidos polo pobo, polo conxunto da sociedade, que os fixo seus e soubo ler neles o discurso do seu tempo.

Ficha técnica


Ilustrador: Xaquín Marín Formoso

Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498653465

Idioma: Gallego

Número de páginas: 100
Tiempo de lectura:
2h 17m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/01/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
Libros singulares e fóra de colección

Número: 83
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre MEMORIAS DUN NENO LABREGO (ILUSTRADO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana