O enxeñeiro de minas Arthur Bettón e o seu axudante, desprazados en 1958 ao Couto Mixto na procura dunha suposta veta aurífera, son asasinados e os seus cadáveres expoliados moi preto do Penedo do Chelo, na Serra de Pena, lindeira entre as terras portuguesas do Barroso e as galegas do río Salas. Nemesio Castro, un mozo que que anos atrás traballara ao servicio do goberno civil de Ourense, deberá retornar do Brasil e tentará desanoar o novelo de tan extraños crimes. Menino morreu, a segunda entrega da serie iniciada con O lume do Santo Antón e protagonizada polo detective decimónico Nemesio Castro, é unha trepidante novela de intriga, onde se mesturan amores e envexas. Unha novela que recupera e pon en valor a memoria histórica e o valor das xentes do Couto Mixto, ese enclave de liberdade, independente dos estados español e portugués, formado polo pequeno territorio das parroquias de Santiago, Rubiás e Meaus.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483029442
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/03/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Vigo
Peso: 269.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luís Manuel García Mañá
LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).