📗 Libro en gallego MISS OURENSE

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498654912

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de MISS OURENSE

Catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo.Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498654912

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216
Tiempo de lectura:
5h 5m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 02/11/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 117
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 172.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Bieito Iglesias


Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicados: Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; «Non sabía que doía tanto», incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos " Hotel Arriaga " publicado en Materia prima (Xerais 2002) e " Momentos decisivos " publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).
Descubre más sobre Bieito Iglesias
Recibe novedades de Bieito Iglesias directamente en tu email

Opiniones sobre MISS OURENSE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana