Sinopsis de MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
?O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras?. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás?) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia? A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484876137
Idioma: Gallego
Número de páginas: 182
Tiempo de lectura:
4h 16m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/10/2023
Año de edición: 2022
Colección:
Narrativa
Narrativa
Especificaciones del producto
Opiniones sobre MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!