📗 Libro en gallego NACE UN CAMPION

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482889184

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de NACE UN CAMPION

Andi non sabe nadar. Todos os seus colegas da clase se burlan del, porque pola súa culpa van perder unha estupenda viaxe a Tenerife. Pero Andi non lle ten que facer. Sente verdadeiro medo á auga. E se afoga...? Nace un campión é unha reedición, en novo formato, da novela de Ursula Heinze que xa ten engaiolado a miles de lectores. Con este libro has descubrir que os verdadeiros campións fanse co esforzo e coa constancia. Ocupouse de poñerlle imaxes a esta edición o coñecido ilustrador lugués Xan López Domínguez, un dos máis destacados do panorama galego.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482889184

Idioma: Gallego

Número de páginas: 120

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/06/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es

Colección:
Arbore Galaxia

Serie/Saga: ARBORE GALAXIA

Alto: 13.0 cm
Ancho: 20.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ursula Heinze


Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991). Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994). Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.
Descubre más sobre Ursula Heinze
Recibe novedades de Ursula Heinze directamente en tu email

Opiniones sobre NACE UN CAMPION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana