O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade. Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder).Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade. Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder).Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables.Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499141145
Idioma: Gallego
Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/03/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Viaxes
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Viaxes
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 396.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Camilo Franco
Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor, xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicado os libros: A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (Xerais 1995), «Chuvia tralos cristais» en Narradores de cine (Xerais 1996), do que foi coordinador; Por conto alleo (2003) e Palabras contadas (Xerais 2006). No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).