En Internet hai algo profundo, algo fondo, maligno. Sen sabelo, convivimos cun pozo insondable, ignoramos o que se agocha nel. Noire Compostela iníciase cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, que traballa como camareira nun dos bares da zona vella compostelá. A partir de aquí, a trama enguedellase nunha espiral de segredos imprevisibles e misterios de consecuencias arrepiantes cuxa orixe se remonta no tempo. Os enigmas que envolve a chamada Internet profunda parecen asolagar tamen a cidade nunha realidade ata daquela oculta, a dunha Compostela negra que abrolla dun xeito violento e inesperado. O inspector Touriñán e os axentes especializados en delitos cibernáticos van intentar sacar á luz ese submundo fantasmagórico e virtual que -coma antonte o escurantismo e o cheiro a incenso- invade silenciosamente o ventre petreo da cidade.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498657371
Idioma: Gallego
Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/10/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 355
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Blanca Riestra
Blanca Riestra (A Coruña, 1970) é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña. Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección Versión Celeste da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, é profesora de Secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros. Publicou as novelas «Anatol y dos más» (1996, reeditada en lingua galega en 2023), «La canción de las cerezas» (2001, premio Ateneo Joven de Sevilla), «El Sueño de Borges» (2005, premio Tigre Juan), «Todo lleva su tiempo» (2007, finalista do premio Fernando Quiñones), «Madrid Blues» (2008), «La noche sucks» (2010), «Vuelo diurno» (2012), «Pregúntale al bosque» (2013, premio Ciudad de Barbastro), «Greta en su laberinto» (2016, premio Torrente Ballester), «Noire Compostela» (2016, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Últimas noches del edificio San Francisco» (2020, premio Ateneo de Sevilla), «Aquí comeza o mar», (2022, premio Blanco-Amor, reeditada en lingua castelá en 2024), «Tritón» (2024), «As augas interiores» (Xerais, 2025) e os poemarios «Una felicidad salvaje» (2010) e «All things must pass» (2024). Fotografía da autora: Bernardo Villanueva.