Sinopsis de NON O ABRAS COMO UNHA FLOR: POESIA REUNIDA 1980-2004
Non o abras como unha flor compendia a obra poética de María Xosé Queizán desde comezos de 1980 ata a actualidade: tres poemarios, Metáfora da metáfora (1991), Espertar das amantes (1993), Fóra de min (1994), e un conxunto heteroxéneo de poemas independentes, “IV poemas a Rosalía”, “Homenaxes”, “Guerra”, “A dona dos Cárpatos” e “Lei do mercado”. Poesía de expresión austera candente e antisentimental, iconoclasta, suxestiva e humorístiCa onde a autora consegue adaptarse con ductilidade aos máis diversos temas e canalizar as diatribas filosóficas sen perder o decidido compromiso cos conflitos de actualidade.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497821810
Idioma: Gallego
Número de páginas: 356
Tiempo de lectura:
8h 28m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/06/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por María Xosé Queizán
María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991, Xerais 2024), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).