📗 Libro en gallego NORDESTE

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491510116

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NORDESTE

No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos anos, nas revoltas irmandiñas. Moito despois, na decada de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en Sao Paulo, viaxa tamen ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros, bandoleiros que coa súa presenza talvez están a crebar o autoritarismo que se apodera do goberno do Brasil e do mundo enteiro. Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa salteadora do Brasil. A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presentaralle o sertao desertico, fermoso e implacable. As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida. As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491510116

Idioma: Gallego

Número de páginas: 156
Tiempo de lectura:
3h 38m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/11/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 356
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Daniel Asorey


Daniel Asorey Vidal (Santiago de Compostela), profesor de lingua galega e literatura, é autor de artigos e libros de texto. Os seus poemarios máis destacados son «Transmatria» (Xerais, 2019), Premio Johán Carballeira 2018; «Contra natura», Premio González Garcés 2020, e «Negras» (Xerais, 2022). Como narrador, con «Nordeste» obtivo o Premio Repsol de Narrativa Breve (2016) e foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia (2017) e do San Clemente (2017); coa novela «As mulleres da fin do mundo» (Xerais, 2019) foi finalista da XXXIII edición do Premio Xerais de Novela. Alén diso, obtivo o Premio Nélida Piñón de Relato (2018), o Certame de Narracións Manuel Murguía (2002), o Terra de Melide (2001), o Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e foi premiado no certame 17 de Maio da Facultade de Filoloxía da USC. O feminismo, a reivindicación do movemento anticolonial e das identidades non heteronormativas son constantes na súa obra.
Descubre más sobre Daniel Asorey
Recibe novedades de Daniel Asorey directamente en tu email

Opiniones sobre NORDESTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana