📗 Libro en gallego NOS DOMINIOS DA INCERTEZA

MANOLO BLANCO

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478245352

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NOS DOMINIOS DA INCERTEZA

Manolo Blanco Desar

Nos dominios da incerteza debe ser entendido ante todo como un libro transgresor, un libro que denuncia ben alto o crime perpetrado pola economía como novo tótem colectivo.

Mediante a coidadosa elaboración de relatos tirados de supostos cotiáns, o prototípico economista David S. Curtis, descrido, eticamente amoral, cínico máis non hipócrita, intenta descubrir a perversa confusión entre os medios e os fins que estimula esta severa e lúgubre disciplina.

Para Curtis, a auténtica Economía é unha ferramenta, nunca a meta da comunidade. Igual que os gregos distinguían entre o nomos –a lei dos homes- e a bía – a lei física-, Nos dominios da incerteza quere recuperar o sentido da Economía como oikos nomos, é dicir, a recta administración da facenda doméstica, fronte a unha economía salvaxe, ou oikos-bía, que é a que na actualidade aspira a reinar de xeito asoballante sobre as restantes disciplinas sociais. Velaí como se denuncian as trabas á libre circulación de persoas cando se fomenta a libre circulación do capital financeiro e as mercadorías, a perversa superación dos límites éticos que a sociedade impón aos mercadores, o sutil mecanismo da especulación inmobiliaria, a abafante mercantilización da arte, o abuso da análise económica nos asuntos máis triviais, a escura rede de contactos que agochan as escolas de xerentes, a intrínseca contradición da ética nos negocios, o circuíto B do diñeiro, as lerias dos grupos de presión ou, mesmo, a disección do sexo como tema económico –Sexnomics.

Con estes relatos volverase a ter conciencia de que a auténtica Economía debe estar ao servizo da vida, por se tratar dun simple medio para acadar unhas finalidades máis elevadas, humanas e dignas.


Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478245352

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/12/2007

Año de edición: 2007


Especificaciones del producto



Opiniones sobre NOS DOMINIOS DA INCERTEZA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana