En Nova crónica das Indias deixou pegada Antón Avilés de Taramancos do seu talento como narrador. Este espléndido libro de relatos é unha revisión da Cronica das Indias escrita desde unha voz lírica e telúrica; é un canto ao indixenismo a través da memoria, da terra, da experiencia e da saudade. Avilés de Taramancos, que residiu en Colombia durante vinte anos e foi bo coñecedor das raigames do pobo americano, crea neste libro unha prosa envolvente, cativadora. Desde un sentimento de rebelión contra o poder, preséntanos as circunstancias que foron artellando a vida e o pensamento dos pobos indíxenas forzados pola evanxelización e pola invasión europea, sometidos finalmente, a un proceso de aculturación. Nova crónica das Indias é unha viaxe, suxestiva e mítica, que percorre as terras americanas da man dun gran narrador que nos ofrece aquí a súa única incursión na prosa.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483029312
Idioma: Gallego
Número de páginas: 129
Tiempo de lectura:
2h 59m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/02/2003
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Anton Aviles De Taramancos
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.