Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas.Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.
Recibe novedades de ANTON AVILES DE TARAMANCOS directamente en tu email
Avilés de Taramancos mergúllanos a través dos seus poemas nun cosmos literario sólido e inzado de vivencias.Unha selección dos mellores poemas de Avilés de Taramancos, pertencentes a diferentes obras: As Moradias do vento, A frauta y-o gramelo, Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto, Poemas soltos a Maricarme Pereira, Os poemas da ausencia, Nova Cronica de Ulises, Cantos Caucanos, As torres no ar, Ultima fuxida a harar, entre outras.
En Nova crónica das Indias deixou pegada Antón Avilés de Taramancos do seu talento como narrador. Este espléndido libro de relatos é unha revisión da Cronica das Indias escrita desde unha voz lírica e telurica; e un canto ao indixenismo a traves da memoria, da terra, da experiencia e da saudade. Aviles de Taramancos, que residiu en Colombia durante vinte anos e foi bo coñecedor das raigames do pobo americano, crea neste libro unha prosa envolvente, cativadora. Desde un sentimento de rebelion contra o poder, presentanos as circunstancias que foron artellando a vida e o pensamento dos pobos indixenas forzados pola evanxelizacion e pola invasion europea, sometidos finalmente, a un proceso de aculturacion. Nova cronica das Indias e unha viaxe, suxestiva e mitica, que percorre as terras americanas da man dun gran narrador que nos ofrece aqui a sua unica incursion na prosa.
"Na outra banda do mar constrúen o navío: o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben que están a construír a torre de cristal da miña infancia." Este poemario é un dos cumios creativos do autor, no que a súa lírica amorosa e da saudade resultan máis penetrantes. O libro compóñeno trinta e seis poemas agrupados en tres partes: "Cantos a carón da terra", coa natureza como tema principal, "O cántico das naves" e "A torre secreta", que agrupa textos de amor.
Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose represen-tada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, públícase agora, e por vez primeira, dentro de Xerais Merlín.Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, Tres capitáns de tempos idos constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición, que inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.
A obra poética de Antón Avilés de Taramancos constitúe xa un referente incuestionable dentro do marco da lírica galega contemporánea. A riqueza da súa proposta literaria nace como resposta a unha vida intensa mais formulase como superacion transcendente do mero acontecer biografico.Este volume recolle, por unha banda, unha analise demorada dos aspectos esenciais da obra poetica de Aviles elaborada por varios recoñecidos criticos e creadores. Pola outra, incorpora unha escolma dalguns dos seus poemas mais relevantes en version bilingue galego-ingles, que conforma a seleccion mais ampla da poesia de Aviles traducida a esta lingua ata o momento. Finalmente, ofrece os textos que seis nomeados poetas irlandeses escribiron como resposta a obra do autor de Taramancos, en version ingles-galego.Raiceiras e vento presenta, xa que logo, un interese notable tanto para os amantes da poesia como para os amantes da traduccion literaria, ademais de procurar o establecemento dun dialogo cultural fecundo entre dous paises tan intimamente vencellados: Galiza e Irlanda. O eixe que vertebra o volume e a presencia poderosa e senlleira de Anton Aviles de Taramancos, asi como a certeza sen fisuras de que a sua obra poetica esta destinada a perdurar. O seu nomeamento como autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas correspondente a 20...
Nesta Obra viva recollen-se unha série de artigos, conferéncias, discursos e intervencións públicas do poeta de Taramancos escolmados por Ana González. A máxia da sua palabra, asi como a sua xenerosidade sen limites e a defensa apaixoada daquelas cousas nas que el acreditaba, mostran-se dun xeito pleno e luminoso nas paxinas deste livro polo que desfilan os amigos, as lembranzas, as ilusions e as paisaxes do autor de Cantos Caucanos