A aventura de explorar nunha tenda na que non se permiten nenos nin curiosos. Un día Max pérdese na vila na que veranea cos seus pais. Vén dar cunha estraña tenda de antigüidades cun dono aínda máis estraño, chamado Wensel. ¿Que se pode pensar dun sitio cun cartel que di Non se admiten nenos, nin animais, nin curiosos? Max consegue entrar sen ser visto e presencia unha enigmática conversa entre Wensel e un home alto e enxoito de nome Ulises. Finalmente os dous quedan durmidos e Max inicia unha exploración na que xa non sabe se é realidade ou soño o que vai descubrindo.
Ficha técnica
Ilustrador: Irene Fra
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482883601
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/05/2000
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
Árbore a partir de 10 anos
Árbore a partir de 10 anos
Alto: 18.9 cm
Ancho: 11.6 cm
Especificaciones del producto
Escrito por An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.