Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado. Remoldiño escondeuse a vixiar o que pasaba...Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado. Remoldiño escondeuse a vixiar o que pasaba...
Ficha técnica
Ilustrador: Óscar Villán
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497820578
Idioma: Gallego
Número de páginas: 32
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/10/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
Alto: 20.0 cm
Ancho: 18.0 cm
Grueso: 0.4 cm
Peso: 109.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xoán R. Cuba
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio "Manuel Mato Vizoso" en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.