📗 Libro en gallego O CUARTO PROHIBIDO

OQO EDITORA - 9788493449988

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O CUARTO PROHIBIDO

«Quen se atreve a esnaquizar a miña casa e a me espertar do meu sono?», berrou o xigante cheo de carraxe polo buraco da árbore, despois de recibir un golpe da machada que lle caera ao leñador. E, polo seu descoido, o leñador tivo que levarlle a máis vella das súas fillas… Un conto arrepiante, tomado da tradición popular castelá, que traslada o lector a un mundo misterioso e desconcertante.

O malvado xigante seduce coa súa fortuna as tres fillas do leñador, mais todo é un engano que as conduce a un destino fatal. Pero, a astucia da máis pequena fará que volvan á vida. Neste caso, a morte afróntase como unha especie de viaxe iniciática, unha experiencia após a que as cativan renacen máis sabias e triunfantes sobre o mal.

A pesar da aparente crueldade da historia, os lectores entenderán de maneira intuitiva o seu carácter simbólico. Perante os seus ollos, aparece un complicado labirinto de cuartos e corredores subterráneos, que fascina tanto pola palabra como pola imaxe. As ilustracións funcionan cun ritmo perfecto e confiren unha singular forza ao escenario misterioso. Itziar Ezquieta, unha das máis prometedoras artistas galegas, traslada ao nivel plástico un mundo desacougante de espazos enigmáticos, que transportan o lector a un universo descoñecido, atraente e perigoso á vez.

O tema do cuarto prohibido aparece en boa parte da tradición europea con distintos esquemas narrativos, porén, a adaptación de Itziar Ezquieta, áchase máis próxima das antigas variantes de Castela. Asemade, esta versión coincide nalgúns aspectos co Barbazul de Perrault ou con Il nasso d’argento, recompilado por Italo Calvino.

Conto popular castelán adaptado e ilustrado por Itziar Ezquieta


Ficha técnica


Ilustrador: Itziar Ezquieta Llamas

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788493449988

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/07/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por ITZIAR EZQUIETA


Descubre más sobre ITZIAR EZQUIETA
Recibe novedades de ITZIAR EZQUIETA directamente en tu email

Opiniones sobre O CUARTO PROHIBIDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana