📗 Libro en gallego O EMBIGO DE XANECAS

RAMON ARAGUES

OQO EDITORA - 9788498712261

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de O EMBIGO DE XANECAS

Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo. Precisamente dunha desas pequenas descubertas cotiás fala esta historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés e que comeza un día á hora do baño. Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados e os pés. Para apurar máis, Xanecas fregábase co xabón. De repente, afundíuselle o dedo. Que pasara? Que metera o dedo no embigo! Desta maneira o noso protagonista descubriu que tiña un burato na barriga, pero tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: Pero, por que teño embigo? E é que Xanecas está a experimentar unha das etapas infantís máis divertidas: a das preguntas. Durante este período, os pequenos queren saber o porqué de todo o que os rodea, e coma neste caso, acoden a aqueles que teñen máis cerca: a papá, á irmá máis vella, ao avó, a mamá… Cada un dos membros desta particular familia, aproveitándose da inocencia do pequeno, irá inventando unha trola acerca da orixe do embigo, ata que finalmente a nai lle desvele a verdadeira razón da súa existencia, e de paso un dos grandes misterios da vida. As imaxes do álbum son obra da ilustradora italiana Francesca Chessa. Trátase dunha artista cunha ampla traxectoria profesional que traballa para editoriais de todo o mundo (Italia, Francia, O Xapón, Suíza, EUA, O Canadá). Agora, grazas a esta colaboración con OQO editora, os lectores galegos tamén poderán gozar do traballo desta autora. Para debuxar os personaxes do álbum, Francesca Chessa inspirouse na súa propia familia. En concreto, a portada nace dun xesto do seu sobriño, quen a unha pregunta da ilustradora sobre o embigo, reaccionou como vemos, levantando a camiseta e mirando con curiosidade para o buratiño da súa barriga. A partir desta anécdota, a autora tivo claro que as ilustracións debían transmitir a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Creou unhas imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, cos personaxes e tamén coa s&


Ficha técnica


Traductor: Juan Luis Couto Palmeiro
Ilustrador: Francesca Chessa

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498712261

Idioma: Gallego

Número de páginas: 36

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/03/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Pontevedra
Número: 73
Peso: 470.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre O EMBIGO DE XANECAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana