📗 Libro en gallego O ESCANO BALEIRO NO CAUREL CON UXIO NOVONEYRA

BIBLOS CLUBE DE LECTORES - 9788415086161

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de O ESCANO BALEIRO NO CAUREL CON UXIO NOVONEYRA

Esta nova achega de Xulio Valcárcel séntao definitivamente na cadeira dos grandes escritores de ensaio. Porque “O escano baleiro” é a obra dun escritor. Ameno e ben estruturado, nas súas páxinas podemos sentir, como voltar a un pasado de recendos e liberdade, o borboriño das fontes que o autor descobre á orela dos vieiros de Paderne, o bafo cálido das vacas de ollada expectante e totémica, e os resabiados porcos ás carreiras, ceibos polos lugariños do Courel. As flores, o esplendor da herba, os cabrinfollos dos prados de Seoane non son menos brancos cá auroral pamela de Natalie Wood, nin o ceo é menos azul co lazo que a envolve, e Xulio, como un mago, logra transmitilas en plenitude, tal un cociñeiro que recolle e ensalza os sabores propios da materia. “O escano baleiro” é un canto á natureza e ó recendo a terra que paira en cada recuncho do Courel, e por extensión, un canto ó ser galego. Non podía ser doutra maneira tendo como anfitriona a sombra paternal, fonda e protectora de D. Uxío Novoneyra, e vindo como vén, da palabra de Xulio. Pero o escano non está tan baleiro como o título nos podería facer pensar. Chegados ó capítulo no que Xulio Valcárcel nos reporta a visita que fixo a Parada, máis concretamente á casa de Novoneyra, síntese a conversa entre os dous poetas, o Xulio e o Uxío, o acó – que sexa por cen anos- e o aló do courelá, tranquilo e confortado como os galegos pensamos que pasan o tempo as almiñas, de parrafeo uns cos outros cada quen no seu....

Ficha técnica


Editorial: Biblos Clube de Lectores

ISBN: 9788415086161

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/01/2012

Año de edición: 2011


Especificaciones del producto



Escrito por Xulio López Valcárcel


Descubre más sobre Xulio López Valcárcel
Recibe novedades de Xulio López Valcárcel directamente en tu email

Opiniones sobre O ESCANO BALEIRO NO CAUREL CON UXIO NOVONEYRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana