O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volu-me recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxía das súas creacións. Da súa autoría é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxía de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016). O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxía nun molde reducido. O aforismo integra elementos que van da filosofía á poesía, da ética á estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüística ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedoría, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironía... Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo. No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura.
Ficha técnica
Editorial: Medulia Editorial
ISBN: 9788410324770
Idioma: Gallego
Número de páginas: 142
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/07/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Número: 142
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 10.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Seoane
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.