Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos.De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.
Ficha técnica
Editorial: Asociación Cultural Antela Editorial
ISBN: 9788409330676
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/12/2021
Año de edición: 2021
Colección:
Quiricos
Quiricos
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Ángel Alonso Diz
Miguel Anxo Alonso Diz (Madrid, 1976). Licenciado en Economía, compatibiliza o exercicio da docencia coa súa actividade literaria e con diversas colaboracións en Radio Allariz e en varios blogs. Ten participado en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal, así como na meirande parte dos festivais de poesía que se organizan en Galicia. Destaca o seu labor como contacontos, así como as súas colaboracións cos servizos de dinamización lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita. En 2012 deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso coa obra «O cullarapo Croque». Outros títulos seus son «A nena á que non deixaban ser feliz»; «O soño de Esther»; «O valente coello que quixo soñar», «Mel, unha mosca agradecida» ou «O país da choiva». En 2017 obtivo o Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano xunto a Xosé Tomás. En Xerais ten publicadas as novelas infantís «Música no faiado» (2018), «Instrucións para ler este libro» (2022), «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024) e «De príncipes, princesas e outras andrómenas» (2025).