O Pañcatantra é unha das obras de maior éxito na historia literaria da India, tanto dentro do propio subcontinente como no resto do mundo. Os relatos individuais que se asocian aos “Cinco discursos de sabedoría práctica” chegaron a converterse en parte do folclore indio común transmitido oralmente xeración tras xeración.
Trátase dunha das principais fontes da fabulística, tanto europea como hispánica –é a orixe do famoso Calila e Dimna traducido dende o árabe ao castelán antigo no século XIII–, e constitúe asemade unha senlleira mostra do uso das fábulas de animais para a transmisión da sabedoría política e mundana da India clásica, cunha salientable influencia no pensamento e a política occidentais dende a Idade Media.
Ficha técnica
Editorial: Rinoceronte Editora S.L.
ISBN: 9788492866922
Idioma: Gallego
Número de páginas: 276
Tiempo de lectura:
6h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/09/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: España
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O PAÑCATANTRA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!