Nas festas do verán, en Olveira, Sabela gañou o concurso dos videoxogos e Nito o da caza das ratas. Ningún dos dous coñecía ó outro.Sabela ten afeccións ecolóxicas. Nito prefire non saber que fai coas ratas que caza o dono da hamburgueseria para quen traballa.Unha noite de san Xoán que cadrou en lúa chea, Sabela saltou por riba da cacharela pedindo un desexo. Unha semana despois xa estaba envolta nunha imprevista aventura, para a que terá que contar coa axuda de Nito, o cazador das ratas.O irmán de Sabela forma parte dun grupo de ornitólogos preocupados porque os peneireiros cinsentos, unha especíe protexida, están a desaparecer dun xeito misterioso en toda Europa.Sabela e Nito serán as persoas encargadas de desenguedella-Io fío do problema. Un fío que os levará primeiro a Portugal, logo a Irlanda, de novo a Portugal e, por último, á ría de Vigo, coa desarticulación da banda de traficantes que andaba a rematar cos peneireiros cinsentos. E, ó longo do seu itinerario, viven aventuras a eito: persecucións, encerros, sorpresas... De todo irán saíndo con ben, gracias á intelixencia de Sabela e ó sangue frío de Nito.
Ficha técnica
Traductor: Francisco Jaraba Bara
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475074719
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.