ediciones Pàmies - 9788410070998
De milagres fantasiosos
Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é?
Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía.
A Compostela primixenia
Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese.
Un milagre tanxible
É no ano 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela un arcebispado, e creou a catedral máis fastosa do mundo. El coroou reis e entronizou papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo a insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén.
El creou o Camiño de Santiago, e en base a el forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real.
Isto é o que el construíu no século do milagre.
Ata agora coñecías a lenda. Agora has descubrir a verdade.
Especificaciones del producto
Escrito por Rodrigo Costoya Santos
Son Rodrigo. Medrei á beira do Camiño de Santiago cando apenas había peregrinos. Pasei tardes con camiñantes estranxeiros que acampaban na horta da miña avoa, e vin en primeira persoa como voltaban as multitudes a Compostela. Percorrín o Camiño máis de trinta veces, e paso cada día polo Obradoiro para ir dar clases ao instituto Rosalía de Castro, no corazón da cidade.
Vivo a uns pasos da catedral.
Esta é a miña quinta novela, tras El custodio de los libros (2020), Portosanto (2021), Hijos de Gael (2022) e La última reliquia (2024). En El siglo del milagro quixen contar a auténtica historia da miña cidade e desta ruta milenaria chamada Camiño de Santiago.
Supoño que coñeces a lenda, coma case todo o mundo.
A través destas páxinas has coñecer a verdade.
IG: rodrigo_costoya
FB: Rodrigo Costoya Santos
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!