📗 Libro en gallego O SEÑOR LUGRIS E A NEGRA SOMBRA

Edicións Xerais - 9788497826419

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O SEÑOR LUGRIS E A NEGRA SOMBRA

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497826419

Idioma: Gallego

Número de páginas: 384
Tiempo de lectura:
9h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/09/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.7 cm
Peso: 566.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Rei Núñez


Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo
Descubre más sobre Luís Rei Núñez
Recibe novedades de Luís Rei Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre O SEÑOR LUGRIS E A NEGRA SOMBRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana