Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grane, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grane, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.
Ficha técnica
Ilustrador: Xosé Tomás
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499140971
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/05/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
Alto: 21.0 cm
Ancho: 18.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 240.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).