📗 Libro en gallego O VIAXEIRO RADICAL

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498656121

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O VIAXEIRO RADICAL

Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna —da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe— e os achados do pensamento idealista do século XIX. O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble. A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498656121

Idioma: Gallego

Número de páginas: 220
Tiempo de lectura:
5h 11m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/05/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 335
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xerardo Quintiá


Xerardo Quintiá (Friol, 1970) é poeta e narrador. Como autor de literatura infantil publicou «A verdadeira historia do burro Feldespato (2003), «Ke-Tumba Ke-Tamba» (2006), «Titiritesa» (2007), obra traducida ao castelán, francés, portugués, inglés e éuscaro, «O país do gran furado» (2019), Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, e «O corazón dos paxaros» (Xerais, 2023).
Descubre más sobre Xerardo Quintiá
Recibe novedades de Xerardo Quintiá directamente en tu email

Opiniones sobre O VIAXEIRO RADICAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana