Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.
Ficha técnica
Ilustrador: Anxo Fariña
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491212829
Idioma: Gallego
Número de páginas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 09/11/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
Alto: 17.0 cm
Ancho: 16.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 202.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Anxo Fariña
É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr... É autor dos libros da exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), «Os ecos do lume» (2019) e «A Escola Robot» (2025). Publicou tamén a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016) e «4 xinetes» (2017).