leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego OS ANOS DO SILENCIO

Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

Edicións Xerais- 9788411100335

Historia de España Historia de la II República y Guerra Civil española

Sinopsis de OS ANOS DO SILENCIO

«Os anos do silencio» analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo».

Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411100335

Idioma: Gallego

Número de páginas: 504
Tiempo de lectura:
12h 3m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/03/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Alto: 21.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 732.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Álvarez Castro


Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal «Nós Diario» e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo» (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)» (Xerais, 2013), «Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión» (2016) e «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)» (Xerais, 2022). É ademais coautor de «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» (2017), «Rebeldía galega contra a inxustiza» (2018), «O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo» (2021) e «Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita» (2021).
Descubre más sobre Xosé Álvarez Castro
Recibe novedades de Xosé Álvarez Castro directamente en tu email

Opiniones sobre OS ANOS DO SILENCIO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana