📗 Libro en gallego OS MILAGRES DE CRISTAMAR

EDICIONS POSITIVAS S.L. - 9788487783951

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de OS MILAGRES DE CRISTAMAR

Chelo Suárez

Cunha linguaxe elaborada e sensual, Suárez recrea unha Cristamar, trasunto da Coruña, da época de "cando o famoso terremoto de Lisboa". Unha cidade onde conflúen santas que salvan á poboación da cidade coa súa lascivia, monxas que adubían os seus pratos con haxix, prostitutas, hermafroditas ou mariñeiros castrados. A obra, rexeitada nalgunha editorial por "irreverente", gañou o premio de literatura erótica convocado bianualmente por Edicións Positivas, que na anterior edición quedara deserto, e premiou xa Infidelicidades, de Manuel Lourenzo González, coas Xeografías de Francisco Castro como finalista, e O lobo da xente, de Alberte Momán. Aquí poden descargar os dous primeiros episodios d'Os milagres de Cristamar: o Introito (De como nace un soño), a Primeira Andaina (Que trata da vida e milagres de Santa Branca Odisea) e a Segunda Andaina (Onde se funda un convento e ao lado xorde unha congregación de putas).


Ficha técnica


Editorial: Edicions Positivas S.L.

ISBN: 9788487783951

Idioma: Gallego

Número de páginas: 110
Tiempo de lectura:
2h 32m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/08/2008

Año de edición: 2008


Especificaciones del producto



Escrito por Chelo Suárez


Chelo Suárez Muíños nada na Coruña, no barrio de Santa Lucía, no seo dunha familia mariñeira. Medrou entre libros, moitos libros, cunchas e estrelas de mar. Asinou en diversas ocasións cos pseudónimos Amara Orzania e Puliana Marful. Foi colaboradora habitual de Radio Oleiros. Obra Narrativa: ''Flor de Xiz'', 2003, ''A Venus de cristal'', 2008, ''Os milagres de Cristamar'', 2008, ''As horas rotas'', 2010, ''A neve e o lume'' (próxima aparición). Poesía: ''Corpo de mar'', 2008, ''O arco da luz'', 2009, publicado en internet pola AELG. Obras colectivas: ''En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova'', 2010, ''Vivir un soño repetido''. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, libro electrónico da AELG. Premios: Premio de literatura erótica Narrativas Quentes no 2008, por Os milagres de Cristamar. Segundo premio do Modesto Figueiredo no 2008, por Colleita de sombras. Gañadora da XVII edición do premio Lueiro Rey no 2010, pola obra As horas rotas. Gañadora do premio Adiala de relato curto do Centro Galego de Mallorca no 2010, por Monólogo dun cadáver. Gañadora da XIII Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole, no 2011, por Recendos. Finalista do Manuel Murguía no 2012, por Momentos de néboa e luz.
Descubre más sobre Chelo Suárez
Recibe novedades de Chelo Suárez directamente en tu email

Opiniones sobre OS MILAGRES DE CRISTAMAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana