Recuperamos esta obra de Xosé A. Neria Cruz premiada en 1999 co prestixioso Premio Barco de Vapor.
Neste libro imos atopar a historia dunha moza que vai ter que enfrontarse a unha morea de atrancos para completar a súa investigación en criptozooloxía, ou sexa, na procura de animais cuxa existencia non foi aínda probada. Coma o Tangaleirón. Con eses vimbios o autor constrúe unha trama engaiolante que vai facernos trepidar e non deixar a lectura, ao tempo que nos fai conscientes de certas cuestións medioambientais que non sempre temos presentes. Ao tempo, é unha reivindicación da muller e das dificultades que a sociedade aínda lle segue a poñer para o seu completo desenvolvemento. Un libro imprescindible da nosa literatura xuvenil que neste 2018 volve chegar ás mans do público lector máis novo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491511960
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/10/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 106
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé A. Neira Cruz
XOSÉ A. NEIRA CRUZ é xornalista, escritor e profesor na USC. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Comunicación e en Filoloxía Italiana, e máster en Dereito Premial. Autor de máis de 30 obras, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988 e 2000); o Barco de Vapor (1997 e 1999); o Raíña Lupa (2002); o Lazarillo (2004); o Fiz Vergara Vilariño de poesía (2007); o White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (2005 e 2009); o IBBY Honour List (2006); o Los Mejores del Banco del Libro de Venezuela (2006); o Premio ao mellor libro estranxeiro no Brasil en 2008, da FNLIJ; os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009 e 2010), o Premio Repsol de Narrativa (2017) e o Carlos Mosteiro de literatura infantil (2019). Autor convidado nas feiras do libro de Buenos Aires (2006), La Habana (2008) e Guadalajara (2009), no Salão do Livro de Rio de Janeiro (2007), no Berlin Litteratur Festival (2009) e no festival Favole in crescita, Montecassino (2016). Con Veleno de tinta impresa (Xerais, 2020) gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta.