📗 Libro en gallego OSO, MAMA, SI ?

Edicións Xerais - 9788499148137

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de OSO, MAMA, SI ?

Coidado... coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade. Pero non só, pois oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade... non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta... en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós. Suso Vaamonde.Coidado... coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade. Pero non só, pois oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade... non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta... en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós. Suso Vaamonde.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499148137

Idioma: Gallego

Número de páginas: 56

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/02/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA

Número: 38
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.4 cm
Peso: 102.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Maria Lado


María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Como poeta, publicou «A primeira visión» (1997), «casa atlántica, casa cabaret» (Xerais, 2001), «berlín» (2005), «nove» (2008), «Amantes» (2011), «oso, mamá, si?» (Xerais, 2015) ou «Gramo Stendhal» (2020). É autora tamén do álbum infantil «Porque Cuqui non quere ir á lavadora» (2014) e, como narradora, publicou «Entre os dous hai un río» (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas «Ninguén morreu de ler poesía» (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras» (Xerais, 2025).
Descubre más sobre Maria Lado
Recibe novedades de Maria Lado directamente en tu email

Opiniones sobre OSO, MAMA, SI ?


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana