PAIXONS PRIVADAS

XERAIS - 9788475075402

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de PAIXONS PRIVADAS

Xosé Ramón Pena volve con estas tres novelas curtas: La vie en rose, Concerto profano e Matar un anxo. Apuntes e chispazos que anunciaban o escritor en entregas anteriores (O reverso do espello en 1984 e Para despois do adeus) alcanzan na presente un control da estructura do relato, un dominio das formas e unha tensión narrativa que son xa mostras evidentes de madurez. Pena afronta tres historias de amor (de distintas maneiras de entender o amor), pero tamén de soidade, de busca, de desacougo existencial. Son personaxes na procura de si mesmos, sometidos a situacións límite, o que permite ó autor introducir o bisturí do cirurxián para descubrimos os recantos e os claro-escuros das súas vidas. Retallos de vida, fogaradas luminosas nun instante, sorpresa, suspense, a charada necesaria para seducir ó lector. O mundo literario de Xosé Ramón Pena non se conforma cos territorios xeográficos do propio país senón que entende que a visión do escritor galego (e as súas posibles capacidades) están máis alá de nós mesmos e enriquécese noutros espacios, nas xeografías do magnate americano que descubre serodiamente a súa aventura persoal, por exemplo (afrontado a unha situación límite: a viaxe e a morte), a loita interior do artista homosexual na Centroeuropa da Grande Guerra ou a tensión urbana dun crime do noso tempo, rodeado dunha atmósfera intensa, absurda e sorprendente.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475075402

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/05/2001

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Ramón Pena


Xosé Ramón Pena nació en Betanzos en 1956. Es catedrático de lengua y literatura galega. Ha sido también profesor en la Universidad de Vigo y en la Universidad de California (Santa Bárbara). Actualmente es profesor en la UNED. Como narrador, historiador de la literatura y ensayista ha recibido numerosos premios en Galicia. Ha escrito numerosos libros, algunos traducidos al castellano y portugués. En su obra de ensayo destacan los cuatro volúmenes que conforman la Historia da literatura galega (2013-2019).
Descubre más sobre Xosé Ramón Pena
Recibe novedades de Xosé Ramón Pena directamente en tu email

Opiniones sobre PAIXONS PRIVADAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana