📗 Libro en gallego PAN E COITELO

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498650358

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de PAN E COITELO

A última e esperada obra de Bieito Iglesias, unha novela moi moral. Esta nouvelle de Bieito Iglesias contén un relato policial (con crime perfecto), estampas políticas do fraguismo terminal, varios sketchs costumistas que declinan a xovialidade do folclore actual, un retrato de familia, dúas crónicas de viaxes (a Suiza e Oriente Medio) e outras tantas historias de amor. Os elementos tráxicos, mesmo algunha escena truculenta resultante de mesturar a Cela con Tarantino, aparecen en Pan e coitelo dulcificados por unhas personaxes que experimentan a ledicia goliardesca e pasoliniana. Todo, coa maior brevidade posible, porque o autor mora nun mundo vertixinoso.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498650358

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/04/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Bieito Iglesias


Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicados: Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; «Non sabía que doía tanto», incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos " Hotel Arriaga " publicado en Materia prima (Xerais 2002) e " Momentos decisivos " publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).
Descubre más sobre Bieito Iglesias
Recibe novedades de Bieito Iglesias directamente en tu email

Opiniones sobre PAN E COITELO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana