📗 Libro en gallego PAPIROFLEXIA .INICIACION

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788492630080

Infantil 7 a 9 años Manualidades para niños

Sinopsis de PAPIROFLEXIA .INICIACION

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura –preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear –evidentemente- do nada, pero si de case nada. Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario. Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte “avanza” obxectivamente. O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente. A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade. En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos. O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir d

Ficha técnica


Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788492630080

Idioma: Gallego

Número de páginas: 60

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 29/04/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: A Coruña

Colección:
Xogos


Especificaciones del producto



Escrito por Vicente Palacios


Descubre más sobre Vicente Palacios
Recibe novedades de Vicente Palacios directamente en tu email

Opiniones sobre PAPIROFLEXIA .INICIACION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana