O pensamento lúcido e sen pexas de Suso de Toro exprésase con contundencia e orixinalidade a través das páxinas de 'Parado na tormenta'. A tensión da imaxinación creadora amósase nos seus aforismos, a súa visión sobre a tradición literaria galega recóllese nos retratos que fai de autores coma Rosalía de Castro, Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro e a súa capacidade crítica reflíctese na análise dalgunhas das cuestións fundamentais da cultura galega, desde a lingua á imaxe de si mesmos que os galegos teñen interiorizada.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482886992
Idioma: Gallego
Número de páginas: 232
Tiempo de lectura:
5h 19m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/07/1996
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Es
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.4 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.