Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829588
Idioma: Gallego
Número de páginas: 96
Tiempo de lectura:
2h 11m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/03/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número: 271
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 164.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Santiago Lopo
Santiago Lopo (Vigo, 1974) é escritor, profesor e tradutor. Como narrador publicou «Game Over» (2007, VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Peaxes» (Xerais, 2009), «Hora zulú» (2012, XXIV Premio de novela García Barros), «A Diagonal dos Tolos» (2014, VIII Premio Narrativa Breve Repsol), «A voz das nereidas» (2016), «A arte de trobar» (2017, Premio Xerais de Novela) e «A carteira» (Xerais, 2021).