📗 Libro en gallego PENSA NAO

Edicións Xerais - 9788483024676

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de PENSA NAO

Anxo Angueira mereceu o Premio Xerais 1999 por unha novela que pretende ofrecer unha perspectiva �contracanónica� da aldea. Narrada cunha lingua riquísima e viva, onde non faltan as variantes dialectais e un estilo inusitadamente épico, Pensa nao é unha biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficcional que lle é propio ó autor.
Pensa nao de Anxo Angueira foi a novela merecedora do Premio Xerais 1999. Anxo Angueira (Manselle, 1960) é Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Instituto Meixoeiro de Vigo. Coterráneo de Eusebio Lorenzo Baleirón, coordina o premio de poesía que leva o seu nome. Estudioso da literatura galega, ten publicadas: Guía de lectura de Con pólvora e magnolias (1992) e De Rosalía a Dieste, 33 Anos das Letras (Xerais,1995). Como poeta publicou: Val de Ramirás (1989) e O valo de Manselle (Xerais, 1996). Como narrador: Bágoas para facer illas (Xerais, 1996), Premio Café Dublín, 1996.En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política.
Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, �Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos. É unha novela moi ben ideada e magnificamente estructurada, cun léxico riquísimo que abrangue desde o empregado polos diferentes oficios ata o correspondente aos labores do campo, que marcan o paso do tempo dende o San Martiño de 1935 ata o 20 de xullo de 1936. Resulta moi destacable a entoación da frase galega nos diálogos, pouco habitual na literatura de hoxe. A lingua é moitas

Ficha técnica

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483024676

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/06/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 305.0 gr

Especificaciones del producto

Escrito por ANXO ANGUEIRA VITURRO y Anxo Angueira

Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.
Descubre más sobre ANXO ANGUEIRA VITURRO

Descubre más sobre Anxo Angueira

Opiniones sobre PENSA NAO

¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana