Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497824668
Idioma: Gallego
Número de páginas: 226
Tiempo de lectura:
5h 20m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 26/09/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número: 230
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.9 cm
Peso: 304.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.