📗 Libro en gallego PULGA E XIGANTE

SERENELLA QUARELLO

OQO Editora - 9788498711479

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de PULGA E XIGANTE

Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes.
Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés, logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?

Pulga fai uso da imaxinación e a fantasía para recrear un mundo de aventuras coas que divertirse e fuxir do aburrimento. A primeira incursión na literatura infantil de Serenella Quarello, e xunto ao seu irmán, preséntanos unha viaxe contada desde dous puntos de vista completamente distintos. Desta maneira, e grazas ao afastamento, o uso de planos pouco habituais, ou o cambio de enfoque nas imaxes, descubriremos que as cousas non son sempre o que parecen.

O álbum contén ilustracións que aseguran unha lectura expresiva e rica en matices. A relación texto-imaxe presenta certo equilibrio ao longo do libro, ata que nun momento do discurso se produce unha transformación radical en favor das imaxes, e o texto pasa a ser entón, o perfecto complemento dunha lectura preferentemente visual.

Maurizio A. C. Quarello ofrécenos unha nova demostración do seu dominio da técnica cinematográfica, da que tanto bebe, para contar en imaxes unha historia con encadramentos e primeiros planos moi espectaculares. O obxectivo é incitar o lector a que aventure hipóteses que, máis tarde, o texto literario aclarará convenientemente.

Ademais do divertimento, o carácter lúdico desta obra favorece a comprensión de relacións espazo-temporais, e que nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.

Texto de Serenella Quarello
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello
Tradución do castelán de Laura Rubio


Ficha técnica


Ilustrador: Maurizio A. C. Quarello

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498711479

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/04/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
colección O
Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 540.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre PULGA E XIGANTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana