Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». Pero Antía ten moi claro a que lle gustaría dedicarse, e os oficios que imaxina non poden estar máis lonxe do que se agarda dela.
Ficha técnica
Ilustrador: María Brenn
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491219866
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/10/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
Alto: 25.5 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 315.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Sabela Fernández Trelles
Sabela Fernández Trelles é mestra especializada en Audición e Linguaxe e licenciada en Psicopedagoxía. É autora de diversos artigos e materiais de ámbito pedagóxico, como o proxecto de estimulación da linguaxe oral «O Dragón Pepón» (2010). Como autora de literatura infantil publicou «As aventuras de Mariña e Lucas» (2012), así como os álbums ilustrados «Augusta e os seus medos» (Xerais, 2015) e «O ladrón de soños» (Xerais, 2018), ambos ilustrados por Alicia Suárez, e «Que queres ser de maior, pequena?» (Xerais, 2021), ilustrado por María Brenn. En 2024 publica na colección Merlín o libro «A miña avoa, a miña heroína» (Xerais, 2024).