Tendo en conta a idoneidade das aulas da Educación Infantil e Primeiro ciclo da Educación Primaria, a globalización do traballo, a utilización do xogo como elemento educativo primordial e a flexibilización do tempo e o espacio nestas etapas educativas, este material didáctico permítenos aproveitar mellor as expresións espontáneas dos alumnos en todo o que se refire á identidade e diferenciación sexual. A isto cómpre engadi-las posibilidades que ofrece para a integración dos contidos transversais, de grande importancia nun momento especialmente significativo para a constitución da identidade e da autonomía persoal. Características do material: * 3 libros móbiles, que abranguen tres ámbitos fundamentais da sociedade e, polo tanto, da vida do neno: familia, traballo (profesións), escola. * 3 barallas e 3 crebacabezas, que ofrecen a posiblidade de amplia-lo traballo realizado cos libros empregando agora como motivador un material aínda máis lúdico. * Especialmente elaborado por un grupo de mestres tendo en conta o contexto sociocultural galego e partindo da experiencia docente directa. * Adaptado ás posibilidades de aprendizaxe do neno, que precisa realizar operacións concretas mediante materiais basicamente manipulativos. * Axuda, a través do xogo, ó desenvolvemento da lóxica, a imaxinación e a capacidade de observación.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478242924
Idioma: Castellano
Fecha de lanzamiento: 02/07/2001
Año de edición: 1990
Plaza de edición: La Coruña
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ¿QUEN O FAI?: AS TAREFAS DA CASA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!