📗 Libro en gallego QUEROTE

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478242139

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de QUEROTE

Novela que, baixo a forma de diario, relata a educación sentimental dunha rapaza na Galicia de hoxe. A narración achéganos á intimidade dunha rapaza ás beiras da adolescencia mediante un diario no que a voz da autora desaparece para se encarnar na da propia protagonista, que nos conta as súas vivencias dun xeito directo e, por iso mesmo, abraiante. A autora de Xente coma min, que xa demostrara nese libro unha gran capacidade de identificación coa mocidade e unha facilidade pouco corrente para chegar ós seus sentimentos máis fondos, acada outra volta unha narración directa, áxil e convincente.

Temas: Adolescencia, educación sentimental. Primeiro amor; sexualidade. Amizade; relacións familiares. Estudios. Xénero: Novela en forma de diario. Nivel: Dos 12 anos en diante. Terceiro Ciclo da Educación Primaria. Educación Secundaria


Ficha técnica


Ilustrador: Marisa Irimia

Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478242139

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/05/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ursula Heinze


Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991). Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994). Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.
Descubre más sobre Ursula Heinze
Recibe novedades de Ursula Heinze directamente en tu email

Opiniones sobre QUEROTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana