📗 Libro en gallego RACIONALISMO POLITICO E LITERARIO: CONCILIAR AS CIENCIAS E AS HUM ANIDADES

Conciliar as ciencias e as humanidades

Edicións Xerais - 9788497821179

Historia y crítica de la Literatura Estudios e historiografía

Sinopsis de RACIONALISMO POLITICO E LITERARIO: CONCILIAR AS CIENCIAS E AS HUM ANIDADES

Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo. Catro ensaios onde se defende a concepción da literatura como un traballo racional, unha actividade pensante relacionada coa realidade e coa verdade. Textos nos que se analiza o tránsito das ciencias ás artes para recuperar os principios da Ilustración (a verdadeira revolución das palabras) presentes no feminismo racionalista. Recuperar a escrita como unha forma de resistencia cultural, buscar o compromiso literario asumindo a condición humana, desmitificar a escrita comedida e conformista, propóñense como estratexia para reintroducir o discurso racional no ámbito literario e político.Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo. Catro ensaios onde se defende a concepción da literatura como un traballo racional, unha actividade pensante relacionada coa realidade e coa verdade. Textos nos que se analiza o tránsito das ciencias ás artes para recuperar os principios da Ilustración (a verdadeira revolución das palabras) presentes no feminismo racionalista. Recuperar a escrita como unha forma de resistencia cultural, buscar o compromiso literario asumindo a condición humana, desmitificar a escrita comedida e conformista, propóñense como estratexia para reintroducir o discurso racional no ámbito literario e político.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497821179

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96
Tiempo de lectura:
2h 11m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/03/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 149.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Xosé Queizán


María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991, Xerais 2024), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).
Descubre más sobre María Xosé Queizán
Recibe novedades de María Xosé Queizán directamente en tu email

Opiniones sobre RACIONALISMO POLITICO E LITERARIO: CONCILIAR AS CIENCIAS E AS HUM ANIDADES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana