XERAIS - 9788497829649
Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron os galeguistas encamiñada a preparar á sociedade para o escenario entón incerto da restauración da democracia. Buscaban unha estratexia de longo prazo que lles permitise despregar unha acción efectiva sobre a opinión pública para contrarrestar a influencia do franquismo e avivar a conciencia da propia identidade. Os galeguistas, liderados por Ramón Piñeiro, inauguraron unha vía alternativa que recuperou para a sociedade os valores e ideais do galeguismo, e construiu para a política un marco de xogo que todos os partidos debían asumir. E desenvolveron unha importante actividade pública no ámbito cultural, porque entendían que a cultura era o factor clave tanto da conciencia identitaria coma da mesma existencia de Galicia como pobo. O seu obxectivo era evitar que o sentimento galego fose instrumentalizado por ningún partido político, para permitir que todos os galegos, á marxe da súas posicións ideolóxicas, puidesen sentirse plenamente integrados.
Especificaciones del producto
Escrito por XOSE RAMON RODRIGUEZ POLO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!