📗 Libro en gallego RAROS E CURIOSOS

EDICIONS EMBORA - 9788492644803

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de RAROS E CURIOSOS

Raros e curiosos, neste sentido, supón unha relativa mudanza coas anteriores achegas pois dirixe a ollada a un lector adulto e opta por ofrecer un discurso que, desde as instancias dunha voz que é a dun cronista alleo aos feitos relatados, mais ao tempo extraordinariamente informado, porfía en amosarse como rigoroso e obxectivo nas descricións e nos sucedidos que relata, acoirazado detrás dun rexistro expresivo un chisco arcaizante que procura a tensión e o distanciamento precisos para os casos e peripecias narradas. Moitas destas lévanse da man dun conxunto de personaxes singulares e fantásticos, no sentido máis literal do termo, que salientan polas peculiares obsesións, senlleiras ocupacións profesionais e inesperados intereses vitais que exhíben. A enxurrada imaxinativa que se deita nestas páxinas, de mans dadas co humor que nalgunhas ocasións se modula felizmente en aberta gargallada, resulta inequivocamente un dos seus grandes méritos. A estes cómpre engadir que se trata de relatos escritos con enxeño e precisión de ourive, insuflando aire fresco nun modelo narrativo no que Carlos López se desvela, ou máis ben se confirma, como magnífico cultivador.

Ficha técnica


Editorial: Edicions Embora

ISBN: 9788492644803

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/11/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Ferrol
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos López


Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista. Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).
Descubre más sobre Carlos López
Recibe novedades de Carlos López directamente en tu email

Opiniones sobre RAROS E CURIOSOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana