📗 Libro en gallego RECONQUISTA

Vigo en armas

Edicións Xerais - 9788497829489

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de RECONQUISTA

A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base do crecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora conta xa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeira cabeceira da bisbarra, en clara competencia con Tui, a capital provincial. Pero está a piques de vivir as máis terribles penalidades da guerra que, a comezos de 1809, vai entrar en Galicia a sangue e lume. A plácida e próspera vila vai converterse en cidade. Mais haberá de facelo con indicibles sufrimentos. Reconquista: Vigo en armas de Eduardo Rolland relata, baseándose en sólidas fontes documentais auténticas, en boa parte inéditas, os acontecementos vividos en Vigo e Galicia durante 1809, deixando que falen os feitos e os seus protagonistas. Sen a intención de escribir nin odas nin haxiografías daqueles inimitables galegos, o autor retrata a vida de todos os heroes da Reconquista, algúns deles pouco recoñecidos, como Cachamuíña, o frade Villageliú, o abade do Couto, Juan Bautista Almeida ou o misterioso Villuendas, auténtico axente secreto que operaba intramuros durante a ocupación francesa. Un feito histórico riquísimo en acontecementos que agora, coincidindo co bicentenario da fundación da cidade, se presenta de forma desmitificadora neste libro de investigación fundamental sobre a Reconquista de Vigo.A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base do crecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora conta xa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeira cabeceira da bisbarra, en clara competencia con Tui, a capital provincial. Pero está a piques de vivir as máis terribles penalidades da guerra que, a comezos de 1809, vai entrar en Galicia a sangue e lume. A plácida e próspera vila vai converterse en cidade. Mais haberá de facelo con indicibles sufrimentos. Reconquista: Vigo en armas de Eduardo Rolland relata, baseándose en sólidas fontes documentais auténticas, en boa parte inéditas, os acontecementos vividos en Vigo e Galicia durante 1809, deixando que falen os feitos e os seus protagonistas. Sen a intención de escribir nin odas nin haxiografías daqueles inimitables galegos, o autor retrata a vida de todos os heroes da Reconquista, algúns deles pouco recoñecidos, como Cachamuíña, o frade Villageliú, o abade do Couto, Juan Bautista Almeida ou o misterioso Villuendas, auténtico axente secreto que operaba intramuros durante a ocupación francesa. Un feito histórico riquísimo en acontecementos que agora, coincidindo co bicentenario da fundación da cidade, se presenta de forma desmitificadora neste libro de investigación fundamental sobre a Reconquista de Vigo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497829489

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/02/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.3 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 439.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por EDUARDO ROLLAND ETCHEVERS


Eduardo Rolland Etchevers naceu en Vigo en 1969. Estudou Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Faro de Vigo e na actualidade exerce o xornalismo en La Voz de Galicia e A Nosa Terra, onde publica reportaxes e artigos de opinión. É colaborador habitual de revistas como National Geographic ou Integral. Foi Premio de Xornalismo Johan Carballeira 2003, Premio de Xornalismo Científico Xunta de Galicia, en 2004, e Premio Nacional de Xornalismo "Francisco Fernández del Riego", en 2006. Participou con obra literaria no libro colectivo Phiccións (Xerais, 2000), é autor de Galicia en Guerra (Xerais, 2006) e Reconquista. Vigo en armas (Xerais, 2009), ademais de Galicia, Rutas con Historia e La batalla de Rande, ambas con Prensa Ibérica. No audiovisual, dirixiu a serie Do Miño ao Ulla (Faro, 2001) e a longametraxe documental A Arañeira (TVG, 2008).
Descubre más sobre EDUARDO ROLLAND ETCHEVERS
Recibe novedades de EDUARDO ROLLAND ETCHEVERS directamente en tu email

Opiniones sobre RECONQUISTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana