REI DOS AMENEIROS, O

XERAIS - 9788475072746

Clásicos Narrativa extranjera hasta el siglo XVIII

Sinopsis de REI DOS AMENEIROS, O

Edicións Xerais de Galicia vén de publicar unha nova opera prima, a novela O rei dos Ameneiros, de Antonio Rodríguez Baixeras (Ribadeo, 1950). Nela aparece un breve período (o tempo que vai desde febreiro ata o fin do verán de 1911) da historia da casa grande de Lagares, na Mariña luguesa, e as súas relacións sociais e económicas co medio rural e vilego, mesmo con outros lugares non galegos. O mesmo tempo, relátanse os tamén breves, aínda que decisivos, días dun tal Pulpeiro, comerciante, de ideoloxía e con afáns ``rexeneracionistas´´ retirado á aldea coa súa filla Rosa e que entra en contacto cos señores de Lagares, Dona Clara e o seu fillo Gonzalo, e mais con outros personaxes tamén significativos no relato: labregos, caseiros, administradores, banqueiros, burgueses liberais e conservadores ou, simplemente, tolos ou vadíos. Trátase, en xeral, dun panorama desa sociedade da época a partir dunha documentada análise dos condicionamentos que posibilitaron (e posibilitan) a parálise da nosa sociedade e mais a frustración, en moitoscasos, do desexo de mudanza, ou, cando menos, de reforma.Escrita cunha técnica marcadamente realista ó servicio duna procura de ``sensación de verdade´´, de mundo vivido e asimilado, dá tamén cabida a certos elementos fantásticos que a propia realidade crea, isto é, que poden acontecer de verdade, ou ben, que poderían provir das fantasías ou devaneos dos mesmos personaxes. Calquera que sexa o valor que o lector lles conceda, parece indubidable, en xeral, o seu carácter alegórico, en coherente relación co simbolismo de certos obxectos, como son "as cartas", a palabra que inicia a novela e que, finalmente, acabará sendo definitiva protagonista da mesma: miles de cartas, a maioria perdidas ou estériles, enchen estas páxinas, escritas con estilo dunha feitura clásica, non acrentes de humor.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475072746

Número de páginas: 280

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 1987

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Narrativa

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Antonio Rodríguez Baixeras


Descubre más sobre Antonio Rodríguez Baixeras
Recibe novedades de Antonio Rodríguez Baixeras directamente en tu email

Opiniones sobre REI DOS AMENEIROS, O


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana